O sabor das margaridas
O sabor das margaridas | |
---|---|
Formato | Suspense |
Desenvolvido por | TVG, CTV e Comarex de CV |
Dirixido por | Miguel Conde |
Intérpretes | María Mera Toni Salgado |
País de orixe | Galicia |
Lingua(s) | Galego |
Temporadas | 2 |
Episodios | 12 |
Produción | |
Duración | 70 minutos |
Distribuidor | Netflix |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | TVG |
Primeiro episodio | 3 de outubro de 2018 (TVG) 29 de marzo de 2019 (Netflix) |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O sabor das margaridas é unha serie de televisión galega do xénero de suspense policial que se estreou na TVG o 3 de outubro de 2018.[1] Está dirixida por Miguel Conde, con guión de Ghaleb Jaber Martínez, Eligio Montero e Raquel Arias. Estreouse internacionalmente a través de Netflix o 29 de marzo de 2019,[2] sendo a primeira serie en lingua galega distribuída pola plataforma.[3] A serie tivo unha boa acollida no seu lanzamento en streaming, especialmente no Reino Unido e Irlanda, onde conseguiu situarse no sétimo posto das producións en lingua non inglesa máis vistas neses países.[4] O seu éxito, motivou a confirmación dunha segunda tempada por parte de Netflix, cuxa rodaxe comezou en decembro de 2019 e que foi estreada na TVG en marzo de 2020.
Nos Premios Mestre Mateo 2018 gañou o galardón á mellor serie de televisión,[5] estando nomeada a un total de oito categorías.[6]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Ambientada no ano 2010, a historia desenvólvese na véspera da chegada do Papa Bieito XVI a Santiago de Compostela. A acción prodúcese nunha vila illada do interior de Galicia, onde unha moza conflitiva, Marta Labrada, é secuestrada. Rosa Vargas é a axente de policía encargada da investigación do caso, contando coa axuda de dous axentes locais. Porén, o caso non é tan sinxelo como semellaba nun principio e a investigación destapa toda unha serie de crimes que permaneceran ocultos na vila "onde nunca pasa nada".[1]
Elenco
[editar | editar a fonte]1ª tempada
[editar | editar a fonte]- María Mera como Rosa Vargas
- Toni Salgado como Mauro Seoane
- Miquel Insua como Alberte
- Sara Sanz como Rebeca
- Lucía Álvarez como Luisa
- Manuel Cortés como Xavier
- Denís Gómez como Bernabé
- Ricardo de Barreiro como Vidal
- Nerea Barros como Ana
2ª tempada
[editar | editar a fonte]- María Mera como Eva Mayo
- Santi Prego como Raúl Salgado
- Noelia Castaño como Laura Nogueiras
- Rebeca Stones como Lidia Fernández / HuiChi
- Sara Sanz como Rebeca Seoane
- César Cambeiro
- David Seijo como Miranda
Produción
[editar | editar a fonte]Rodaxe
[editar | editar a fonte]A rodaxe produciuse en maio de 2018, e rematou o 22 de xuño,[7] con localizacións exteriores en Abegondo, A Estrada, Vedra e Santiago de Compostela, e nos estudios de CTV en Teo.[7]
A rodaxe da segunda tempada comezou en decembro de 2019.[4]
Estrea
[editar | editar a fonte]A serie preestreouse o 1 de outubro de 2018 no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 TVG, ed. (3 de outubro de 2018). "Chega á TVG 'O sabor das margaridas', novo thriller policial onde o secuestro dunha moza dá lugar a unha historia de vinganza". Consultado o 30 de marzo de 2019.
- ↑ pipocas.amesa.gal (ed.). "O sabor das margaridas". Consultado o 16 de xaneiro de 2023.
- ↑ El Progreso, ed. (29 de marzo de 2019). "Netflix estrea 'O sabor das margaridas', a primeira serie en galego da plataforma". Consultado o 30 de marzo de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 "El milagro del ‘thriller’ gallego que nadie quería y que triunfó en Netflix". El País (en castelán). 8 de decembro de 2019. Consultado o 9 de decembro de 2019.
- ↑ Praza.gal, ed. (3 de marzo de 2019). "'A sombra da lei' triunfa nos Mestre Mateo con 10 premios". Consultado o 30 de marzo de 2019.
- ↑ Praza.gal, ed. (7 de febreiro de 2019). "'A sombra da lei' e 'Trote', con 15 candidaturas, favoritas nos Premios Mestre Mateo". Consultado o 30 de marzo de 2019.
- ↑ 7,0 7,1 TVG, ed. (27 de maio de 2018). "O sabor das margaridas, o novo 'thriller' que chegará á TVG a finais de 2018". Consultado o 30 de marzo de 2019.
- ↑ TVG, ed. (1 de outubro de 2018). "Preestrea de 'O sabor das margaridas', o novo thriller policial da TVG". Consultado o 30 de marzo de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- O sabor das margaridas na IMDb (en inglés).